O metro por segundo ao cadrado[1] ou m/s2 é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para medir a aceleración dun corpo. Mide o incremento da velocidade (en metros por segundos) conseguido en cada segundo. O símbolo desta unidade tamén pode verse escrito como m·s−2, ou simplemente m s−2.
Un metro por segundo ao cadrado equivale a 3,2808399 pés por segundo ao cadrado.
A aceleración dun corpo influenciado pola gravidade na superficie terrestre equivale a aproximadamente 9.80665 m/s².
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search